O obxectivo de Ourense Centro é a revitalización integral do comercio tradicional do centro urbano de Ourense, favorecendo a transformación do devandito espazo nun Centro Comercial Aberto, que se configure como un espazo comercial moderno, atractivo e competitivo entre outros formatos comerciais.

O CCA Ourense Centro e a empresa Prom Sistemas Informáticos asinaron un convenio para ofrecer a todos os socios do CCA Ourense Centro, un novo sistema de fidelización de clientes a través dunha aplicación para móbiles chamada Cookie Card.

A descarga da aplicación por parte do usuario será totalmente gratuíta, conta cun sistema de geolocalización de establecementos, acceso a puntos cookies xerados e promocións dos establecementos. Esta app permitirá ao usuario, ir acumulando puntos coas súas compras naqueles establecementos que estean adheridos ao plan Cookie Card. Estes puntos poderán ser trocados por euros, cando o cliente o decida en calquera comercio participante na campaña.